Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/05/2024 | Actualizada ás 19:44
CCOO de Galicia reivindicou o acordo para a reforma do subsidio do paro como unha "mellora" para a protección das persoas traballadoras. Nun comunicado, indica que "máis de 200.000 galegos e galegas beneficiaranse do aumento de contías e cobertura da prestación asistencial por desemprego". "O acordo conseguido no marco de diálogo social mellora a protección das persoas traballadoras ao aumentar o número de persoas cubertas e as contías das prestacións nos 12 primeiros meses de subsidio".
En particular, destaca a "mellora" entre os colectivos con máis precariedade "e cunha importante presenza das mulleres, menores de 45 anos sen cargas familiares, emigrantes retornadas e mulleres que sufriron violencia de xénero ou sexual, entre outras". O sindicato lamenta que a CIG, tras as críticas ao mesmo, "alíese cos empresarios e a dereita política e critique, unha vez máis, unha reforma que garante a contía completa do subsidio a todas as persoas desempregadas, con independencia do seu tipo de contrato".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.