A Xunta aproba unha lei para ser "referente" na loita contra o plástico

A lei de residuos reducirá o plástico e as multas por chans contaminados poderán chegar a 1,75 millóns. Os concellos deberán instaurar a recollida separada dos biorresiduos municipais a finais de 2023.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde, para o seu envío ao Parlamento, á futura lei de residuos, coa que a Comunidade aspira a situarse "á cabeza" das rexións europeas en adaptar e integrar a súa normativa ao contido da directiva europea en materia de plásticos. O obxectivo é ser "referente" na loita contra o plástico dun só uso e contra o desperdicio alimentario.

Os detalles da norma debulláronos, ao termo do Consello da Xunta, o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. A lei inclúe novas tipificaciones e sancións para chans contaminados, que poden alcanzar os 1.750.000 euros, ás que se enfrontarían empresas que se instalen e non fagan un tratamento adecuado. Preguntada se isto a fectará ao conflito da planta de residuos que se pretende instalar en Casalonga (Teo), a conselleria dixo que "se incumple" pois será sancionada.

Tras unha reunión do Goberno que tamén deu luz verde á Estratexia Galega de Economía Circular, Vázquez destacou que a lei priorizará a reutilización e reparación daqueles materiais que se converten en residuos, co fin de darlles unha segunda oportunidade a través da reparación.

Por primeira vez, fíxanse obxectivos e medidas para incrementar progresivamente os residuos domésticos e comerciais destinados á reutilización e á reciclaxe das fraccións de papel, metais, vidro, plástico, biorresiduos e outros susceptibles de ser preparados para a reutilización. No seu conxunto, deberán lograr un mínimo dun 55% en peso para 2025.

Este fito tamén se alcanzará coa posta en marcha de centros especializados na preparación para a reutilización de residuos, en especial dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, téxtiles e mobles --fracción que debe representar un 5% do global de residuos con este destino en 2025--; e coa posta en marcha de medidas que fomenten o mercado da reciclaxe.

Unha das novidades que hai no texto son lso programas de compostaxe doméstica e comunitaria, que se regularán por primeira vez de forma específica. Así, as entidades locais onde existan instalacións deste tipo deberán informar o órgano competente en materia de residuos de aspectos como o número de persoas participantes nos programas, o número e a localización das infraestruturas, a cantidade de residuos tratados ou da cantidade de compost obtido, así como o resultado das análises do compost obtido.

"REDUCIR DRASTICAMENTE" O PLÁSTICO DUN SÓ USO

Outra novidade do texto lexislativo --que esixirá á sociedade familiarizarse con novos residuos-- é a instauración, por parte dos concellos, da recollida separada dos biorresiduos a finais de 2023 e dos residuos téxtiles e residuos perigosos de orixe doméstica un ano despois.

Feijóo remarcou que haberá unha dotación de 25 millóns para a construción de tres novas plantas públicas para biorresiduos domésticos. Vázquez tamén avanzou a intención de "reducir drasticamente" o plástico dun só uso, así como o desperdicio alimentario. A lei adáptase así ao contido das directrices marco e da senda iniciada por Europa, que prohibe a entrega gratuíta de bolsas de plástico ou dun só uso, así como a vaixela dun só uso, é dicir, desechables de plástico.

Reunión do Consello da Xunta do 12 de decembro.. XUNTA
Reunión do Consello da Xunta do 12 de decembro.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta