A Deputación da Coruña aproba uns orzamentos de 240 millóns, 100 deles para obras en concellos

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/11/2024 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña aprobou, nunha sesión plenaria extraordinaria, uns orzamentos de 240 millóns, con "máis fondos directos" a concellos, segundo o goberno provincial. Nela, deuse luz verde a senllas achegas adicionais do Plan Único, aprobadas por unanimidade, que pechan este ano cun investimento total de 100,5 millóns de euros e 508 obras aprobadas nos concellos coruñeses.

Tamén ao orzamento 2025 da institución provincial, que contou cos votos favorables de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular. As contas provinciais para o próximo ano ascenden a 240,5 millóns de euros (+8,26%) e, segundo o goberno provincial, terá como prioridades o financiamento de obras e servizos nos municipios, a creación de emprego e as políticas sociais. O mesmo incluirá, engaden, "máis fondos directos" aos concellos.

Pleno da Deputación da Coruña
Pleno da Deputación da Coruña | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta