Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/08/2012 | Actualizada ás 19:49
Mentres Twitter segue a ignorar o galego, Google prosegue coa súa estratexia de ampliar os seus servizos no noso idioma. A compañía estadounidense xa ofrece o buscador por voz en lingua galega, o cal permite aos usuarios obter resultados de busca de forma sinxela e rápida a través do teléfono na nosa lingua.
Google anunciou no seu blog a incorporación de 13 novas linguas á súa aplicación de Android que darán servizo a preto de 100 millóns de usuarios, incluídos o éuscaro e o catalán, ademais do sueco, romanés, búlgaro, húngaro, eslovaco, islandés, finés, serbio, noruegués e o portugués europeo.
Deste xeito, o galego incórporase ao grupo de 42 idiomas nos que xa se pode usar o buscador por voz de Google.
Para utilizar esta ferramenta, só hai que premer no icono do micrófono no widget de procura de Google que hai na pantalla de inicio. A aplicación tamén se pode instalar dende Google Play. O servizo está dispoñible para dispositivos que utilizan a versión 2.2 ou superior de Android.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.