Moción de censura á Sala 2ª do Tribunal Supremo

Resulta habitual utilizar as comparacións como un instrumento relevante para fundamentar os propios argumentos. Para acreditar na pertinencia dun determinado punto de vista non se dubida en recorrer a un siloxismo comparativo aparentemente convincente aínda sabendo que as situacións ou os acontecementos posúen un contexto singular que impide, en rigor, a equiparación absoluta que se postula.

Por Xesús Veiga | Compostela | 07/01/2020

Comparte esta noticia


 Sirva este prólogo xenérico para aludir a un asunto de gran importancia sucedido nos últimos días: a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE establecendo que Oriol  Junqueras debería de tomar posesión do seu escano no Parlamento europeo despois de ser elixido nos comicios do pasado mes de maio. Mírese por onde se mire, o Tribunal de Luxemburgo cuestionou totalmente a decisión tomada pola Sala Segunda do Tribunal Supremo (por non permitir que o líder de ERC puidese acudir á Xunta Electoral Central para facer efectiva a súa condición de europarlamentario e por non agardar á resolución da cuestión  prexudicial que o propio Tribunal Supremo solicitou).A situación na que queda a Sala presidida por Manuel  Marchena non pode ser máis impresentábel: a máxima instancia xudicial europea establece que os dereitos políticos de  Junqueras -e dos seus votantes- foron ignorados por estes maxistrados españo.

Regresemos, por un momento, ás comparacións. Que se diría se unha decisión xudicial afirmase que tal ou cal dirixente político incumpriu o seu deber de respectar todos os dereitos dos seus administrados? Non é complicado imaxinar a reacción: os partidos adversarios e boa parte da opinión publicada terían prantexado o inmediato abandono das súas responsabilidades públicas por parte dos afectados.

Foron moi poucas as voces que colocaron no centro da análise da decisión do tribunal de Luxemburgo o grave despropósito cometido por Manuel  Marchena e o resto dos maxistrados da Sala. Durante os últimos meses, houbo un poderoso clima ambiental en virtude do cal a posición tomada polo Tribunal Supremo no xuízo a algúns dirixentes independentistas cataláns non podía merecer dúbidas ou reproches acerca da cualificación xurídico-penal dos feitos procesados.

A sentenza do Tribunal de Xustiza da UE rachou parcialmente a  infalibilidade que se creou ao redor da Sala Segunda do TS. Asistiremos, en consecuencia, a algún xesto de recoñecemento dos graves erros cometidos ou teremos que conformarnos cunha versión actualizada do vello  tic franquista de que “Europa non nos comprende”?
 

Sentenza do Tribunal Supremo
Sentenza do Tribunal Supremo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.