O pin parental chega a Galicia: Feijóo evita pronunciarse e a oposición quere desterralo da educación

Todos os grupos da oposición pídenlle ao PP que rexeite esta medida da ultradereita e, mentres, Feijoo evita pronunciarse e ataca co argumentario de Casado: "Sánchez ataca a Murcia e non a Cataluña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2020 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

A polémica sobre o pin parental tamén chegou de cheo á política galega. Esta medida, aprobada en Murcia tras ser impulsada por Vox, foi rexeitada de raíz por todos os grupos da oposición no Parlamento de Galicia. Piden que se "deserre dunha vez por todas" da educación e a política galega. Pola súa banda, Feijóo evitou pronunciarse, a diferencia dalgúns direxentes do seu partido. 

Santiago Abascal, presidente de VOX  nun mitin de Vox en Vigo (Galicia, España), o xoves 24 de outubro de 2019      Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Santiago Abascal, presidente de VOX nun mitin de Vox en Vigo (Galicia, España), o xoves 24 de outubro de 2019 Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

Sobre este tema, o portavoz do Grupo Mixto, Luís Villares, anunciou que presentará unha proposición non de lei na Cámara para "promover o rexeitamento político" ao que considera unha "censura" educativa "propiciada por Vox e auspiciada polo Partido Popular".

"Á escola non vén a escoller. A escola prepara para escoller na vida", explicou o tamén líder de En Marea, quen dixo "esperar" que Feijóo "aprendese" das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anularon varios puntos do decreto do plurilingüismo relativos a consultas a pais sobre a lingua de escolarización dos seus fillos.

Tamén o Grupo Común da Esquerda presentará unha iniciativa parlamentaria respecto diso. O seu portavoz Luca Chao reclamou este luns a todas as formacións con representación que se manifesten "radicalmente en contra" do 'pin parental'. "Imos insistir en que o PP se defina", subliñou.  Non en balde, Chao lembrou que o pasado mes de outubro os populares "votaron en contra" de retirar publicidade da plataforma "ultra" Hazte Oír "amiguiños privilexiados de Vox", dos colexios galegos.

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tamén cargou contra esta proposta de Vox que identificou cun "instrumento da ultradereita" para "frear a igualdade social e educación en valores", á vez que reivindicou a "profesionalidade" dos profesores fronte ao que interpretou como "unha criminalización" do seu labor.

Caballero esgrimiu que Feijóo debe dicir "se está disposto a apoiar o veto parental" ou non e lembrou que Casado dixo que "o PP era un", que había "só un PP". Unha formación que actúa "como respaldo da posición da ultradereita" impulsando o veto parental.

Tamén a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, falou de "veto neandertal" e asegurou que iso "xa o inventou Feijóo" para "atacar á lingua galega" co decreto do plurilingüismo. Por isto mesmo, advertiu que o presidente da Xunta foi "precursor das ideas da extrema dereita". "E iso que quere ir de moderado", dixo.

"O BNG imos defender o dereito de nenos a ter unha educación inclusiva", recalcou, á vez que reclamou a Feijóo que "marque distancias co seu partido" se "non está de acordo coa liña" seguida por Casado. "Por decencia política, o que tiña que facer é romper o carné do partido", suxeriulle.

FEIJÓO

Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, evitou situarse sobre se é partidario desta proposta. "Supón banalizar temas complexos e politizar e adoutrinar temas educativos", manifestou tras apelar a abordar o asunto con "acougo".

Hemiciclo do Parlamento de Galicia
Hemiciclo do Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

Con todo, aproveitou para criticar a "contundencia" que, di, mantén o Goberno central contra a implantación do 'pin parental' en Murcia e a súa "inoperancia" fronte á "desobediencia sistemática catalá". Un argumento que é o utilizado por todos os líderes do PP para evitar falar, agora, deste tema que os populaes aprobaron en Murcia.

Tamén o  portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, tentou sortear a polémica e asegurou que non entrará "en cuestións que afectan a outras comunidades". "Avalo o sistema educativo de Galicia, que é garantista", reivindicou, na rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento.

E equivócase Casado ao defender leste veto? "Creo que nós acertamos neste modelo", contrapuxo, para concluír que os populares analizarán as iniciativas da oposición, cando se formalicen, para decidir que postura plasman na votación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

5 Mire ushtez

Puf, canta fañeca feixista troleando.

4 nostrus

Vox es un partido que se pasa tres pueblos, pero por lo menos, acatan y respetan la Constitucion, por lo que no se pasan tanto como ERC, Podemos, BNG, bildu y otras ratas.

1 Francés Sieiro

Pois non sei como, se o pin paretal é anticonstitucional!

3 Geronimus

Más campaña gratis para Vox. Las ideologías totalitarias no pueden permitir que los padres decidan por su cuenta que es lo más conveniente para sus hijos, algo que casi todos los padres gallegos quieren.

1 Sentidiño

Coñezo pais tan brutos que se deles dependese terían fill@s brut@s. Mais desde o fondo do seu espírito máis humano agroma unga idea fundamental: "deixa o maestro inda que sexa un burro". O respecto do mestre é a base do respecto da sociedade. Os fascistas só entenden de malleiras e disparos na nuca.

2 vox+pp= facismo

franquismo, terceiro Reich e Torquemada, aquí esta o centrismo das dereitas expañolentas o seu constitucionalismo o seu liberialismo e o seu cristianismo, nen son demócratas nen son cristias!!!- E MOITO MENOS SON GALEGOS!!!!

1 Geronimus

En realidad el III Reich y la Unión Soviética decían lo mismo que la izquierda gallega sobre los hijos: que pertenecen al estado. Pues no. Nosotras parimos, nosotras decidimos.

2 sermos mantidos

Non Geronimus, deberías saber que iso que cando forzas, e sae de dentro de ti por aquela parte, non é unha criatura. Trátase doutra cousa. Agora que se es feliz acariñándoa e dándolle beixos ou mimos, ti decides! E, por suposto, con ela podes facer o que che preste (sempre dentro da túa casa). Chámalle 'Libertaz', por se atende!

1 Sentidiño

Feixóo é un experto en pin parental: utilizouno contra a lingua galega para xustificar o decreto do bilingüismo. Chamábanlle "consulta ás familias".

1 nostrus

Vese que ti o galego utilízalo do mesmo xeito que outros o Corán, pero que saibas que o galego só é unha lingua ofiaial en Galicia para que a use todo aquel que queira, pero que só lle rezades os que queredes facelo. Por outra banda, os mesmos que se escandalizan polas ocurrencias de Vox, tamen deberian escandalizarse pola situacion da escola catalana e ser tan valentes co nacionalismo como o sodes con Vox.

2 Sentidiño

Es moi burra ou burro, que non sei. O galego no ensino obrigatorio (sexa público ou concertado) non é unha opción: primeiro e obrigadamente HAI QUE APRENDELO para logo poder empregalo se se quere ou se o mercado de traballo te obriga a empregalo. O mesmo que o español e o inglés.

3 urco

Para os que gostam dos retrousos leguleios como fundamentadores de unidades de pátrias fictícias, o galego além de oficial é a única língua própria da Galiza. O direito ao seu uso, tamém reconhecido nas leis, esmaga-se na prática de cote por funcionários da mesma administraçom que deveriam ser os seus primeiros garantes (esta mesma semana umha médico , que disque gastou todo o seu caletre para tirar a carreira e ficou sem miolos para se governar na vida, extrangeirizava no seu país a um neno galego-falante demandando que o traduziram ao espanhol para atendê-lo!! ). Os trolls supremacistas espanhóis fariam bem pola sua própria higiene mental deixarem de usar o cinismo no seu repetitivo argumentário. Vam sobardar o vertedoiro que tenhem por cerebro com tanto lixo.