Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/01/2020 | Actualizada ás 11:09
O Sindicato Labrego Galego, en colaboración coa Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción e a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON, iniciou unha serie de vídeoentrevistas nas que veciños e veciñas de Touro falan "sen mordazas" sobre como impacta nas súas vidas a actividade mineira e industrial de Cobre San Rafael e Tratamientos Ecológicos del Noroeste (TEN), e da "ameaza que se lles vén enriba" co proxecto de Atalaya Mining.
Esta primeira entrevista foi a Jesús Penido, veciño de Loxo e presidente da Asociación Cheiros NON, que denuncia como se están a baleirar sen tratamento os lodos de depuradora de toda a franxa atlántica galega nas cortas da mina, e como o fedor e a pestilencia que desprenden fai case imposible a vida na contorna.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.