Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/01/2020 | Actualizada ás 20:37
A rede social Twitter suspendeu a conta oficial de Vox. Todo empezou porque a portavoz do PSOE, Adriana Lastra, chamou "retrógrados" ao partido de extrema dereita por defender o 'Pin parental' nos colexios. A formación de Abascal, recriminou á socialista que "cos cartos públicos se promove a pederastia" nos colexios.
⛔🗨️ @vox_es lleva sin poder tuitear 24 horas.
— Grupo Parlamentario de VOX en el Congreso (@VOX_Congreso) January 22, 2020
🤔 ¿Qué problema tiene @TwitterEspana con la libertad de expresión? ¿Pueden explicar por qué censuran una contestación a Lastra? ¿Por qué no censuran a otros?
NO cederemos a la imposición ideológica. Este tuit no será eliminado 👇 pic.twitter.com/hNi7m2pvPN
A rede social informoulles da censura temporal "dalgunhas funcións da súa conta", debido a que non se pode incitar ao odio. De feito, esta censura chegou a todas as contas de Vox, incluída a de @voxgalicia. Posteriormente, contas como a de Vox da Coruña fixéronse eco, pedindo liberdade de expresión.
Manuel Mariscal, diputado de Vox por Toledo, preguntouse na súa conta persoal "contra quen incitan ao odio" ao que Twitter respondeu: “Prohibimos dirixir ás persoas contido destinado a incitar ao medo/difusión de estereotipos de temor sobre unha categoría protexida, o que inclúe afirmar que os membros dunha categoría protexida teñen máis probabilidades de participar en actividades ilegais”. O partido de ultradereita asegura que non retirarán o comentario.
Con todo, a conta oficial do PSOE xa se pronunciou sobre o tema "Twitter xa respondeu, non fai falta dicir nada máis".
Twitter, ya ha respondido. No hace falta que digamos nada más. https://t.co/BYa7SCFutb
— PSOE (@PSOE) January 22, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.