Pedro Blanco: "Besteiro é o mellor candidato para ser o próximo presidente da Xunta"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2025 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia e membro da executiva local do PSOE de Santiago, Pedro Blanco, enxalza ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, como "o mellor candidato para ser o próximo presidente da Xunta".

A preguntas dos medios en Ourense sobre as expulsións de edís socialistas en Santiago, Branco eludiu responder a "cuestións de partido" ao acudir a un acto como delegado do Goberno. "Estou absolutamente convencido de que neste congreso sacaremos ao mellor candidato, que é o único por certo, para ser o próximo presidente da Xunta", limitouse a afirmar en relación ao 15º Congreso Nacional do PSdeG que se celebrará o 8 e 9 de marzo.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o expresdiente da Xunta Fernando González Laxe. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o expresdiente da Xunta Fernando González Laxe. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O Señor do Garañón que viña para democratizar Galicia rescatándoa das mans do PP logo do seu paso polo Parlamento Español pillou o virus do Stalinismo e vai celebrar un Congreso onde só asistirán os "fieis e limpos de corazón" (secta) porque os demáis mellor van quedar na casa se non queren ser expulsados do Partido de Besteiro ! Supoño que Tío Abel non asistirá ao Congreso terá a Axenda Okupada para que lle desbloqueen o Tren por Cerdedo ou a Autovía en túnel a Porriño etc etc etc...