Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 24/01/2020 | Actualizada ás 08:30
Un local de aire rústico, en plena Plaza de María Pita e a receta dunhas pizzas cunha masa especialmente sabrosa foron os ingredientes principais que lograron poñer en marcha o Cambalache, unha idea nacida do inxenio e do talento culinario dun galego e un arxentino (con raíces galegas), que souberon adaptar algúns dos pratos máis sabrosos das cociñas italiana e arxentina ao gusto dos coruñeses.
36 anos despois, os Restaurantes Cambalache superan a ducia, con locais en A Coruña, Oleiros, Narón, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo e León.
Non son os únicos cambios que Cambalache experimentou nestes 36 anos de vida. "A carta, conta agora con moita máis variedade: hamburguesas, carnes, pastas, risottos, ensaladas e diferentes tipos de masa de pizza", apunta este restaurante nun comunicado.
A firma decidiu celebrar os seus 36 anos de vida sorteando 3 cenas para 6 persoas no seu perfil de Instagram, para agradecer aos seus seguidores o agarimo co que lles arroparon no crecimento dunha empresa de restauración que encara a segunda xeración co espíritu de sempre e máis forza que nunca.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.