Por Europa Press / Redacción | VIGO | 24/01/2020 | Actualizada ás 15:35
A conselleira de Política Social, Fabiola García, indicou que a Xunta creará máis de 80 prazas residenciais en Galicia que porá a diposición de entidades sociais para permitir a acollida de persoas sen fogar.
Durante unha visita realizada este venres á sede de Emaús Fundación Social en Vigo, a conselleira detallou que, mediante esta iniciativa, enmarcada no Plan de atención a persoas sen fogar en Galicia, a Xunta comezou a licitar prazas residenciais "para que as entidades sociais presten o mellor servizo" a colectivos en exclusión social.
Neste sentido, a titular de Política Social lembrou a recente apertura de prazas realizada na Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos da Coruña e apuntou que o Goberno galego financia 17 prazas no albergue de Dignidade Galicia de Vigo. Así, puxo en valor o traballo levado a cabo polo Executivo co obxectivo de que "cada día mais persoas poidan ter unha vivenda estable".
Adicionalmente, Fabiola García sinalou a aprobación da adición de dous novos tramos á Renda de inclusión social de Galicia (Risga), correspondentes á inserción e a transición ao emprego. Ademais, recalcou que a contía media desta axuda incrementouse en 100 euros e que o obxectivo desta prestación é apoiar a persoas en exclusión para que se formen e accedan ao mercado laboral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.