Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2020 | Actualizada ás 17:56
O Concello de Poio foi o primeiro municipio galego en rexeitar de forma institucional a autorización e celebración dos campionatos de caza do raposo.
A moción foi aprobada este martes en pleno ordinario, co apoio de BNG, PSdeG e Avante, en rexeitamento ás macrocacerías por realizarse sen ningún tipo de censo ou estudo científico previo e sobre este mamífero.
A asociación animalista Libera! destacou o carácter simbólico desta iniciativa, posto que unha destas competicións se desenvolveu na contorna deste municipio pontevedrés.
Así, a asociación avanzou que presentará máis iniciativas noutras localidades, como Pontevedra, ademais das Deputacións provinciais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.