O Festival da Luz bate marca de recadación e reparte máis de 117.000 euros entre as asociacións Anxiños e Asanog

A edición deste ano, que se celebra entre o 11 e o 13 de setembro, incorpora a fila cero para recadar máis sen masificarlo.

Por E.P. | A CORUÑA | 10/02/2020 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

A edición de 2019 do Festival da Luz, que se celebrou o pasado mes de setembro na localidade coruñesa de Boimorto, logrou unha recadación de 117.218 euros que este luns foi doada de forma íntegra pola organización ás asociacións Anxiños e Asanog.

Festival da Luz.
Festival da Luz.

"Este ano logramos a doazón máis alta dos oito anos de vida do festival", sinalou a cantante e fundadora do eveto, a cantante Luz Casal, que cada mes de setembro reúne a decenas de artistas na súa localidade natal cun obxectivo solidario.

EDICIÓN 2020

A Asociación Anxiños axuda á recuperación e integración de nenos e adolescentes con trastornos mentais graves; mentres que Asanog contribúe en Galicia ao mellor estado dos nenos oncolóxicos e os seus familiares.

Este 2020 a cita será os días 11, 12 e 13 de setembro; e, como novidade, nesta nova edición habilitarán unha fila cero para lograr máis fondos sen ter que masificar o evento.

Co cartel aínda por descubrir, este luns saen á venda as entradas para a edición de 2020 do Festival da Luz, que, como cualifica a súa impulsora, "é unha festa familiar de tres días nun ambiente rural".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta