As patacas galegas 'Bonilla a la Vista' arrasan en todo o mundo tras gañar Parasite varios Óscars

Xornais de todo o mundo, como The Guardian, xa se fixo eco da nova. A empresa aumentou considerablemente as vendas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/02/2020 | Actualizada ás 23:20

Comparte esta noticia

As coñecidas patacas galegas saíron na última edición dos Óscars. Foi grazas á súa aparición na obra de Boo Joon-ho, 'Parasite', que gañou a estatuiña nas categorías de mellor guión orixinal, mellor película, mellor película estranxeira e mellor director. 'Bonilla a la Vista' xa eran coñecidas dentro das clases altas de Corea do Sur, mais grazas a este filme, aumentaron as súas vendas on-line nun 150%.

Cartel de 'sold out' pola gran demanda das patacas Bonilla en Corea do Sur.
Cartel de 'sold out' pola gran demanda das patacas Bonilla en Corea do Sur.

César Bonilla, que continúa no liderazgo da empresa aos seus 87 anos, sinala que enterouse de súpeto desta publicidade gratuita. Ademais, grazas ao aumento das súas vendas, a súa producción aumentou e con isto tamén o seu plantel laboral, concretamente nun 10%.

A marca coruñesa, fabrica 550 toneladas de patacas anualmente, das que 40 viaxan a Corea do Sur desde o 2016. O producto que triunfa no país asiático son as latas deste alimento, pola súa conservación. Precisamente, é o producto que sae nunha escena do filme. Polo momento, é exclusivo para este país.

Estas patacas poden atoparse en moitos máis países, coma Bélxica, Reino Unido, Francia, Italia, Suiza, Italia, Estados Unidos, Panamá, entre outros. O impacto destas patacas foi tal, que ata o xornal británico 'The Guardian' fíxose eco da noticia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Curp

Cómo no van a triunfar si son de una calidad excepcional. Yo soy de España y las he llegado a ver hasta en México. Increíble su popularidad!