Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2020 | Actualizada ás 20:50
O condutor dun vehículo faleceu ao impactar frontalmente contra un camión cando circulaba pola estrada N-120 ao seu paso polo municipio ourensán de Rubiá.
O sinistro produciuse ás 19,00 horas deste mércores e requiriu da intervención dos bombeiros de Valdeorras, xa que a vítima quedou atrapada no interior do coche, encaixado no camión contra o que impactou.
Segundo informa o CIAE 112 Galicia, varios particulares puxéronse en contacto coa central de emerxencias para alertar do sucedido. Ademais dos bombeiros, tamén acudiron ao momento efectivos do GES de Valdeorras e axentes da Garda Civil, que se encargaron de xestionar o tráfico e solicitar información sobre o sinistro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.