A Rede de Marea Atlántica busca unha "coalición ampla e plural" para as autonómicas

Queren deixar "todas as vías abertas" para garantir que o municipalismo teña presenza o 5 de abril.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/02/2020 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A Rede de Marea Atlántica fixo un chamamento á "unidade do espazo do cambio" de cara as eleccións autonómicas, segundo informa tras unha asemblea na que acordou deixar "todas as vías abertas para garantir que o municipalismo teña presenza nos comicios do 5 de abril".

En concreto, o máximo órgano de toma de decisións da Marea Atlántica, acordou, nunha asemblea celebrada o mércores, instar á presentación dunha "coalición ampla e plural, na que estean representados, cando menos, os catro grandes eixos das confluencias que naceron en 2015".

"Podemos, Esquerda Unida, Anova e o municipalismo que representan Compostela Aberta, Ferrol en Común, a Marea de Vigo, Ourense en Común, Sadamaioría ou a propia Marea Atlántica, entre outras organizacións", explican.

Respecto diso, insisten en que "o maior respaldo cidadán" ao seu espazo político chegou cando foron capaces "de construír candidaturas amplas e poñer por diante os numerosos puntos en común: defensa dos dereitos sociais, dos servizos públicos, do feminismo e o medio ambiente, e da lingua e a cultura galegas, da transparencia e da radicalidad democrática".

En base a este argumento, Marea Atlántica fai un chamamento a presentar unha "alternativa forte, progresista e galeguista ao esgotado goberno de Alberto Núñez Feijóo que, en tres lexislaturas, se limitou a empeorar os problemas de Galicia".

Finalmente, a Rede facultou á Coordinadora e ao Grupo de Relaccións Políticas para manter conversacións e negociacións nos próximos días co obxectivo de construír unha candidatura. O resultado deste traballo será debatido de novo na Rede a próxima semana, cando tomará unha decisión definitiva.

Asemblea da Rede de Marea Atlántica sobre as eleccións autonómicas. MAREA ATLÁNTICA
Asemblea da Rede de Marea Atlántica sobre as eleccións autonómicas. MAREA ATLÁNTICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Agora que xa están COLOCADOS os Podemos-Galapagar e os "comunistas" de EU coa ministra de traballo á cabeza... Qué imos facer os que non fiamos un pelo no PSOE do sobriño de Abel Caballero e da tapada Carmela Silva ? As Mareas Municipalistas son conscientes do problema ou simplemente andan a buscar unha lista onde se colocar ? Que pasa cos Anticapitalistas galegos ? http://www.parlamentodegalicia.es/C... Paula Quinteiro supoño que aprendería algo de como as gastan algúns trepas de CERNA con Villares á cabeza das denuncias contra a xente normal ? A empanada témola no forno!