Anova ve a Podemos fóra da "unidade popular" e traballa na súa propia candidatura

Antón Sánchez asegura que as "portas" están abertas para sumar a Podemos sempre que acepten "un encontro entre iguais". Di que non hai, polo momento, contactos formais con En Marea.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2020 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Anova traballa na configuración dunha candidatura para as autonómicas da man das mareas municipalistas e, polo momento, descarta sumarse a Galicia en Común, a marca de Unidas Podemos na Comunidade galega, porque é un proxecto que "se aparta do camiño da unidade popular" iniciado no ano 2012.

Así o expresou o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, en declaracións aos medios nun hotel de Teo (A Coruña), onde este sábado se reuniu a coordinadora nacional da formación fundada en 2012 polo histórico dirixente Xosé Manuel Beiras.

Sánchez recoñeceu que, nestes momentos, Anova traballa coas mareas municipalistas para configurar unha candidatura que confrontaría nas urnas coa de Podemos e Esquerda Unida, xa que o partido morado "non está no camiño de dar continuidade á unidade popular, senón de presentar o seu proxecto político" apostando pola fórmula de Galicia en Común que, como comentou Sánchez, "é Unidas Podemos".

Tras remarcar que esta postura é "lexítima e respectable", os nacionalistas rexeitan a proposta de Podemos que, din, limítase a que Anova se integre en Unidos Podemos. "Iso non é unha confluencia, unha alianza. É sumarnos ao proxecto de Unidas Podemos, non é dar continuidade á unidade popular que sempre se deu como un encontro entre iguais", dixo Sánchez a preguntas dos medios.

"Esperemos que os compañeiros e compañeiras destas organizacións reconduzan a situación cara á unidade popular", expresou Sánchez, que asegura que as portas están "abertas" ata o último momento para confluír con Podemos e Esquerda Unida, aínda que o escenario actual están lonxe de acordo.

LISTA COAS MAREAS

Por tanto, Anova avanza cara á presentación dunha lista coas mareas municipalistas --polo menos, coa de Santiago (Compostela Aberta) e A Coruña (Marea Atlántica)-- que, di, sería a herdeira da idea de "unidade popular".

"Temos unha sintonía moi grande coas mareas municipais. Temos que presentar unha alternativa que dea continuidade ao traballo iniciado en AGE, que se foi mellorando coas mareas municipalistas e coa En Marea orixinal", dixo Sánchez, que reivindicou que "o mapa político" de Galicia "estaría incompleto" sen "unha alternativa" que represente "a unidade popular".

Antón Sánchez negou que existan contactos formais coa En Marea de Luís Villares, pero tampouco pechou a porta a existencia de contactos con este espeazo. Con todo, aclarou que o candidato á Presidencia da Xunta pola candidatura pola que avogan sexa elixido "dentro" do propio "espazo".

Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras no IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS - Arquivo
Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras no IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Animo

Con todos os militantes que tedes si que vos daba para montar polo menos unha lista nunha provincia galega.

1 lagarteiro

As candidaturas poden facerse con simpatizantes exclusivamente, listill@!

1 José Antonio

Después de no apoyar en las urnas a Podemos por no regalarles un sillón y después de castigo de los ciudadanos a los ayuntamientos del cambio, esta es la noticia lógica que cabría esperar. Pero cuidado, no es definitivo, estos se venden por un plato de caldo.

1 Bng lacaios de Santi Rey

Se hai unha organización política en Galiza que nunca se vendeu a ninguén esa é Anova. As demáis non poden dicir o mesmo.