A Plataforma de Afectadas polo Centro Coreográfico Galego pide que se manteña a súa autonomía

Reclaman que se abra o diálogo na materia a todo o sector.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

A Plataforma de Afectadas polo Centro Coreográfico Galego (CCG) reclamaron este martes á Agadic que se manteña a súa autonomía como espazo institucional "de referencia para a comunidade da danza e das artes do movemento" en Galicia, así como que se abra o diálogo na materia a todo o sector.

Plataforma de Afectadas polo CCG.
Plataforma de Afectadas polo CCG.

Os integrantes da plataforma participaron este martes nunha reunión convocada pola Agadic para a elaboración dun plan para a danza en Galicia, un encontro ao que, denuncian, non foi convidado todo o sector.

Na reunión, a plataforma trasladou á Agadic as súas "condicións mínimas indispensables" para abrir un debate en torno ao plan da danza en Galicia, e que pasan por cuestións como a apertura da 'Mesa da Danza' a "a pluralidade diversa de axentes implicados na vida cultural no ámbito da danza e das artes do movemento", mediante "un procedemento regulado de convocatoria pública" no que se "prevexan as necesarias e esixibles garantías de participación individual, colectiva, presencial, delegada ou telemática".

Do mesmo xeito, esixen a "renuncia da Agadic á fusión" do actual Departamento de Produción Coreográfica nun Departamento de Música e Danza de nova creación, previsto no proxecto de Decreto que reforma a normativa da Agadic.

A maiores, reclaman a convocatoria dun proceso de selección para a provisión do posto de dirección do Centro Coreográfico Galego, o mantemento de competencias e "a equiparación orzamentaria" do CDG e outros centros similares, como o CDG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta