Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/02/2020 | Actualizada ás 19:01
A primeira Vía Verde da provincia da Coruña conectará Cerceda con Santiago cunha senda de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril, segundo informa a Deputación coruñesa.
Fíxoo coincidindo coa visita que o presidente provincial, Valentín González Formoso, realizou este xoves a Cerceda, na que confirmou que o organismo provincial xa terminou a redacción dos proxectos e conta coas autorizacións pertinentes para licitar as obras.
Será, segundo a institución provincial, a máis longa de Galicia "e contribuirá a vertebrar os núcleos da zona". Tamén subliña que terá "unha importante repercusión turística e socioeconómica para os cinco concellos polos que discorrerá".
Na visita, Formoso ofreceu tamén ao novo rexedor, Juan Manuel Rodríguez —que substituíu no cargo a José García Liñares tras a dimisión deste último— "o apoio e a colaboración da Deputación" para abordar actuacións neste municipio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.