A Xunta interesase polo texto no que traballa o Goberno central para eliminar a diferenza entre abuso e agresión sexual

A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, di que, "polo momento, non coñece o proxecto de lei".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, apremou ao Goberno central, de PSOE e Unidas Podemos, a que da coñecer o texto sobre o que se traballa para eliminar a diferenza entre abuso e agresión sexual.

López Abella, nun acto en Lugo, lembrou que este debate se abriu "por mor da sentenza de la Manada (de Pamplona), empezouse a traballar cun grupo de expertos". "Pero neste momento non coñezo o proxecto de lei, nin a lei, non se lle presentou ás comunidades autónomas", abundou.

"Vou ser prudente e esperar a coñecer o texto, sei que hai mesmo discrepancias no bipartito, entre Unidas Podemos e o Partido Socialista, mesmo se insinuaba que o tiña paralizado a parte da Vicepresidencia (a de Carmen Calvo). Imos ser prudentes e esperar", manifestou.

Estas declaracións realizounas antes da presentación dunha guía de recursos fronte á violencia de xénero, para "que todas as entidades, sen ánimo de lucro, que traballan coa Secretaria Xeral de Igualdade, coa Xunta en distintos ámbitos; o sanitario, o xudicial, os centros de atención á muller, os concellos que teñen servizos sociais, ademais de colexio de avogados e procuradores, deberían de ter unha guía onde aparezan todos os recursos que temos en Galicia", indicou.

Esta guía denominouse 'Redes cubrindo Galicia' e nela atoparanse "todos os teléfonos de emerxencias, sexan fins de semana ou non", destacou López Abella, á vez que anunciou que se editarán sobre 15.000 exemplares.

A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, en Lugo.
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, en Lugo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta