Por Galicia Confidencial | Madrid | 27/02/2020 | Actualizada ás 20:27
O BNG instou ao Goberno central a traspasar á Xunta de Galicia as competencias dos centros do Instituto Español de Oceanografía que se sitúan na comunidade autónoma.
O deputado Néstor Rego pediu que o Goberno galego conte coa total xestión económica administrativa destes centros, que se emprazan na Coruña e en Vigo, para que pasen a formar parte da estrutura propia do Executivo galego.
O representante do Bloque instou ao Ministerio de Ciencia e Innovación a iniciar un proceso de descentralización destes centros e infraestruturas, para que poidan ser xestionados "segundo as súas propias necesidades".
Así mesmo, lembrou que o BNG xa presentara no Parlamento de Galicia a proposta de transferencia a Galicia por parte do Estado dos servizos e funcións en materia de investigación oceanográfica, que se aprobou por unanimidade en marzo de 2016.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.