A Xunta habilita unha páxina web e un teléfono para consultar toda a información "esencial" sobre as eleccións

A web conta coa explicación do voto por correo, informacións sobre os trámites co censo, colexios electorais...

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2020 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

O Goberno galego habilitou unha páxina web e un teléfono do elector (900 825 520) para poder consultar toda a información "esencial" sobre as eleccións autonómicas do 5 de abril.

Segundo explicou a Xunta nun comunicado, a web conta coa explicación do voto por correo para residentes en España ou temporalmente no estranxeiro e persoas dentro do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA). Así, nela está indicado o procedemento a seguir e permite descargar os formularios correspondentes.

Ademais, a páxina contén información sobre os trámites co censo, os impresos electorais e a consulta de colexios e mesas electorais. Dispón tamén de documentos sobre a lexislación vixente, o calendario electoral e información para as persoas da mesa electoral.

A web conta cun apartado de preguntas frecuentes e un chat para consultar dúbidas, algo que se pode realizar tamén a través do teléfono do elector. A Xunta destacou que a web se irá completando, "paulatinamente e de acordo cos tempos electorais".

Urna Electoral. EUROPA PRESS
Urna Electoral. EUROPA PRESS | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta