O CEIP de Meaño-As Covas, primeiro colexio galego distinguido por Unicef como referente en dereitos da infancia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2020 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, participou este luns no acto de recoñecemento ao CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas como centro referente en Educación en Dereitos da Infancia e Cidadanía Global, outorgado por Unicef.

Carmen Pomar visita o CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas
Carmen Pomar visita o CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas | Fonte: Xunta.

Este é o primeiro colexio galego nesta rede, do total de 109 centros recoñecidos en toda España. No acto participaron tamén a presidenta de Unicef Galicia, Myriam Garabito; o director do centro, Paulo Nogueira, e alumnado do CEIP.

A conselleira remarcou que é "un orgullo" que Unicef recoñeza un colexio galego como centro referente na promoción de todos estes principios, dereitos e garantías.

"Sodes un espello no que mirarnos", proclamou, antes de remarcar que a educación en valores que fomenten a solidariedade, a cooperación e o recoñecemento das diferenzas como unha oportunidade é "unha das nosas liñas prioritarias como Consellería", dado que estes valores son "indispensables para construír unha escola inclusiva".

"Inciden tamén na mellora da convivencia escolar, outro dos eixos estratéxicos de actuación", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta