Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/03/2020 | Actualizada ás 10:57
Co gallo do Día dos Medios en Galego, celebrado o pasado 7 de febreiro, a asociación Amega que os engloba fixo varios vídeos para explicar á sociedade por que usamos a lingua propia para comunicar información.
Rebeca Munín, da revista Pincha; Xoán Costa, responsable da editora Sermos Galiza; Fernando de Paz, da revista Tempos Novos; Ubaldo Cerqueiro, de Que Pasa na Costa; Manel Pardo, de Lindeiros; Henrique Sanfiz, de Radiofusión, e Xurxo Salgado, de Galicia Confidencial, participan neste vídeo, no que explican as súas razóns para informar en galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.