Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/03/2020 | Actualizada ás 13:18
Tal e como informou La Liga a través dun comunicado de prensa, suspenderanse os partidos de fútbol da Primeira e da Segunda División, polo menos, dúas xornadas por motivo do coronaviurs. Deste modo, pararase a competición durante as próximas dúas semanas, sendo o Real Madrid-Eibar o primeiro partido afectado.
No caso do RC Celta suspenderanse o Celta-Villarreal e o Valladolid-Celta. No caso dos equipos de Segunda división, cancélanse o Deportivo da Coruña-Sporting de Gijón, Rácing de Santander-Lugo, Oviedo-Deportivo da Coruña e o Lugo-Zaragoza.
Por outra banda, as competicións de baloncesto internacional tamén se veron canceladas. Foi o caso da NBA, tras confirmarse o caso positivo en coronavirus de Rudy Gobert, xogador dos Utah Jazz. Confirmouse antes do partido entre os Jazz e os Oklahoma City Thunder, que se cancelou minutos antes do salto inicial da partida.
Tras isto, Adam Silver, o comisionado da NBA, suspendeu a liga ata novo aviso. Xogadores "lenda" de baloncesto coma Vince Carter retiranse este mesmo ano. O actual xogador dos Atlanta Hawks agradeceu na súa conta persoal de Twitter "o apoio por todos estes anos".
A FIBA e Liga Endesa tomaron nota e tamén cancelaron as próximas xornadas. En cambio, a ACB xa deu datas para os partidos que se cancelaron.
Nota informativa.
— LaLiga (@LaLiga) March 12, 2020
LaLiga acuerda la suspensión de la competición.
📝 https://t.co/RLVBEU6IUB pic.twitter.com/zd6IPA1Ukv
Such a weird night but I am truly thankful for each and every person during this 22yr journey.
— Vince Carter (@mrvincecarter15) March 12, 2020
If this is really it, I thank everyone for your love and support for all these years.
B E Z✌🏽
La acb aplaza las Jornadas 24 y 25 de la #LigaEndesa, así como el resto de partidos previstos en las próximas dos semanashttps://t.co/Y6eLLyBdT1 pic.twitter.com/dHsg7nub2Z
— Liga Endesa (@ACBCOM) March 11, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.