Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/03/2020 | Actualizada ás 12:04
A empresa de xestión de augas VIAQUA pecha desde este venres as oficinas de atención ao público de forma temporal. Esta medida preventiva está orientada a garantir a seguridade e saúde do persoal e os clientes. "É unha medida que se atopa en liña coas medidas xa tomadas previamente e coas recomendacións feitas pola Xunta de Galicia e tamén polo Goberno de España ao tecido empresarial e outras organizacións", indica a empresa nun comunicado.
Todas as xestións poderanse seguir realizando a través das canles de atención non presenciais como son teléfono de atención ao cliente (900 201 230), teléfono de incidencias (900 201 250) e oficina virtual.
Por outra banda, a empresa destaca que leva días aplicando accións preventivas para asegurar a continuidade do servizo "coas máximas garantías en todos os municipios onde presta servizo", entre elas, protocolos de actuación, fomento do teletraballo e a cancelación de visitas técnicas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.