Feijóo ve "lóxico" aprazar o 5A se non hai "garantías"

Falará desta posibilidade con Pedro Sánchez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2020 | Actualizada ás 21:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, proclamou este venres que "neste momento non se reúnen as garantías para poder celebrar eleccións" nin se pode "concretar en que momento poderían reunirse o cento por cento". Por iso, tras remarcar que non forman parte da súa axenda e veas "secundarias", asegurou que ve "lóxico" que, "se non hai o cento por cento de garantías" para votar, non se celebren os comicios do 5 de abril.

En todo caso, tras manter unha reunión extraordinaria co seu Executivo na que adoptou varias medidas, apuntou que, unha vez que se declare o estado de alarma en España, quedará garantida "a seguridade" e tamén se poderían habilitar "mecanismos" que, chegado o momento, poderían dar base xurídica a unha suspensión de comicios que non ten precedentes en España.

En todo caso, rexeitou avanzar acontecementos e explicou que quedou co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, con quen falou esta mesma tarde, de manter un novo contacto e abordar a situación electoral despois de reunirse o luns cos portavoces dos principais partidos galegos. Todas as formacións mostráronse xa favorables ao adiamento.

Coronavirus. Galicia pecha bares, restaurantes e cafetarías, excepto o envío a domicilio e a recollida en local. XUNTA
Coronavirus. Galicia pecha bares, restaurantes e cafetarías, excepto o envío a domicilio e a recollida en local. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Logo desta tolemia de confinamento masivo por Decreto, parece claro que o Sistema Democrático non é máis cun espellismo que permite aos Partidos alcanzar o poder e ditar cantas barbaridades se lles ocorra ! Vista a reacción da xente (docilidade extrema) parace claro que camiñamos cara a gobernos autoritarios lonxe de calquera sensaro republicanismo! Todo redúcese a un Decreto? O experimento social está en marcha (BigData) !