Por Europa Press / Redacción | VITORIA | 16/03/2020 | Actualizada ás 12:52
O Lehendakari, Iñigo Urkullu, e os líderes dos partidos vascos decidiron a suspensión das eleccións vascas do 5 de abril ante a situación da pandemia do coronavirus e o estado de alerta, que impiden a celebración dos comicios coas debidas garantías para a saúde e o exercicio do dereito a sufraxio, segundo o acordo que alcanzaron.
Urkullu reuniuse este luns pola mañá cos máximos representantes das formacións con representación parlamentaria, o PNV, PSE-EE, EH Bildu, Elkarrekin Podemos-EU, PP e Equo, para analizar o futuro das eleccións autonómicas, anunciadas polo presidente do Goberno Vasco o 10 de febreiro nunha comparecencia pública, dada a evolución do coronavirus.
Nun escrito, as formacións políticas sinalaron que, no actual contexto de estado de alerta e emerxencia sanitaria provocado pola pandemia do Covid-19, non poden celebrarse os comicios "coas debidas garantías, tanto para a saúde pública como para o exercicio do dereito de sufraxio".
REUNIÓN EN GALICIA
Tamén hai reunión en Galicia. A videoconferencia na que o presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e os principais partidos de Galicia abordan o escenario ao que deu lugar a crise sanitaria do coronavirus e na que está sobre a mesa o adiamento das eleccións autonómicas convocadas para o 5 de abril está en marcha desde algo antes das 12,00 deste luns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.