#tradicióncontraovirus, como atacar o coronavirus con gaitas e música tradicional

Busca encher de baile e música tradicional galega as casas durante o illamento.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/03/2020 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

A Asociación de Gaiteiros Galegos animou este martes a todos a unirse á iniciativa #tradicióncontraovirus, que busca encher de baile e música tradicional galega as casas durante o illamento motivado polo coronavirus.

Durante estes días, os profesores da escola da entidade, a Tradescola, están a traballar para poder enviarlle ao alumnado material para que continúen ensaiando na súa casa e poder seguir, así, en contacto mentres non se normalice a situación.

Así mesmo, animan a todos os amantes da música e o baile galego a continuar, en casa, tocando, bailando, cantando e compartindo logo na rede os vídeos co hastag #tradicióncontraovirus e #quedanacasa, para contribuír a pasar estas xornadas.

Gaiteiros no solpor en Cabo Touriñán / https://youtu.be/IcqJGPoMldU.
Gaiteiros no solpor en Cabo Touriñán / https://youtu.be/IcqJGPoMldU.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta