'Blurs Bearings', a marca de skate compostelán que vai doar os seus beneficios á sanidade pública

Rubén Cajaraville, dono da firma, vende rolamentos da súa marca e unha carteira da mesma. Preocúpalle "a situación de crise na que estamos a vivir. Os médicos teñen que ter o máximo de recursos posibles para saír disto canto antes".

Por Raúl Novoa | Santiago de Compostela | 25/03/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Últimamente vemos moitas marcas que se solidarizan coa actual situación de crise sanitaria que estamos a vivir. Fanse virais as firmas máis grandes, coma o caso de Inditex, aínda que esta o poida utilizar para percibir prestacións de Facenda. 

O pack da carteira máis rolamentos que vende 'Blurs Bearings'
O pack da carteira máis rolamentos que vende 'Blurs Bearings'

De todos modos, a solidariedade estase a dar nestes días nos que o persoal sanitario esfórzase ao máximo para conter o virus. É o caso da marca de skateboarding santiaguesa 'Blurs Bearings'. Anunciaron a través da súa conta de Instagram que venderán os seus rolamentos abec-9 coa carteira de Blurs co destinamento dos beneficios á sanidade pública española. O prezo do pack é de 25 euros e co envío gratuíto. Pódese comprar a través deste enlace.

"Xa estamos a ver a escaseza de medios nos hospitais. Sobre todo no tema da protección sanitaria para o persoal sanitario", manifesta Rubén Cajaraville sobre a situación actual. "Baixei o prezo de ambos productos para atraer a máis compradores. Por cada pack vendido doarei o que vén sendo algo máis de 7 euros. Eu só recuperarei o prezo de coste", explica Cajaraville sobre a súa iniciativa. A carteira, está diseñada por Elois Dörr, do sur da cidade de Londres.

Rubén, que estaba pasando uns meses en Barcelona para promocionar a marca, ten consciencia de que "os gastos sanitarios deberían esta cuberto xa cos nosos impostos, pero entendo tamén que o Estado español non prevía esta pandemia". Aínda así, critica que "vendo o exemplo de China podían terse adiantado algo mellor, pero estamos a ver as graves consecuencias dos recortes en sanidade do PP". "Nin sequera veu a parte máis difícil", lamenta o skater.

"A situación que están a vivir os médicos e coma se es bombeiro e non che dan un casco e un traxe que te protexa", lamenta, e engade que "é vital que os médicos teñan o máximo de recursos posibles para saír disto canto antes". O santiagués busca "algunha asociación para que reparta os cartos por toda España", pese a que asegura que "doarei todo o que poida, pero sei que non vai a poder ser todo o que me gustaría".

Rubén Cajaraville, o skater compostelán que doará todos os beneficios que recade coas próximas ventas. Foto de: Gerard Riera
Rubén Cajaraville, o skater compostelán que doará todos os beneficios que recade coas próximas ventas. Foto de: Gerard Riera

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta