Ensinanzas-provisionais-da pandemia

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 05/04/2020

Comparte esta noticia

1. Os esenciais:-

Moitas das persoas que están a fornecer os servizos esenciais (sanitarios, dependencia e maiores, sociais, seguranza, mantemento e limpeza, produción e distribución alimentaria...) foron cualificadas no próximo pasado como xente doadamente substituíbel que non achegaban valor e, xa que logo, non xustificarían a actualización do salario mínimo. Agorta constitúen parte substancial da nosa capacidade de resposta social. No 1945 as clases medias e traballadoras de USA, Reino Unido ou Francia acadaron un “new deal”, un novo pacto social. A tensión social será, de seguro, unha constante no próximo futuro, para determinarmos de que xeito se distribúen os custos da reconstrución.

2. A saúde é o o primeiro.

        A máis prezada conquista do Estado do Benestar é a saúde pública, universal, gratuíta e de calidade. As retalladas austericidas degradaron dende 2008, de xeito moi substancial, a capacidade de resposta das sanidades europeas, nomeadamente, para o que nos importa, da sanidade galega. Para pandemias futuras cumprirán reservas estratéxicas de recursos para emerxencias sanitarias. E, sobre todo, máis respecto e máis diñeiro para o persoal sanitario.

3. Xestión de proximidade e gobernanza en rede vs centralismo radial.

         Alemania e Suiza están a atender a emerxencia dende a coordinación en rede, consensuando as actuacións na escala federal.

         O Goberno do Estado non se decatou das vantaxes comparativas do Estado plural e descentralizado e quixo impór un Mando Único e unha emerxente militarización cando as solucións eficaces son as de proximidade e a gobernanza máis resiliente é a horizontal en rede. Velaí a deficiente recentralización da merca de material sanitario, mesmo con requisas contraproducentes. Os Ministerios até descoñecen onde están as infraestruturas e recursos esenciais dos territorios.

4. Investigación, innovación, tecnoloxía!

            Estamos a pagar as retalladas da Grande Depresión no I+D+i. Galicia inviste só o 0,87% do seu PIB en I+D+i. A investigación e a innovación non se poden inventar en quince días. Só se recolle cun traballo de semente e desenvolvemento continuado, avaliado e eficaz.

               A pandemia actual amosa a importancia das     tecnoloxías para     manter conectada unha sociedade, extender o teletraballo e garantir o fornecemento de enerxía. Como di o     empresario galego Ferreira Dapia “tecnoloxizarse ou morrer”.

5. Reindustrialización de proximidade e autonomía alimentaria

                    Non podemos depender nas nosas actividade esenciais de liñas de fornecemento lonxanas e de poucos territorios-factoría. Temos níveis de  formación, enxeñería e teconoloxías abondo como para tentar un grande salto reindustrializador. Cómpre apostar pola máxima conectividade física e de telecomunicacións e a enerxía máis barata posíbel para este repto.
.
                    Non é viábel nin económico depender de producións alimentarias esóxenas. A autonomía alimentaria garantirá a calidade e regular  fornecemento dos mercados e inxectará no tecido produtivo, nomeadamente no galego, os beneficios da economía circular, que inviste aquí o que aquí xera.

Traballadores do asteleiro naval Freire con máscara por temor ao coronavirus
Traballadores do asteleiro naval Freire con máscara por temor ao coronavirus | Fonte: @miguelnuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.