Alerta entre as autoridades médicas pola venda de medicamentos falsos en Internet contra o coronavirus

A maioría das ofertas de medicamentos e máscaras estaban en redes sociais, seguidas de plataformas de comercio electrónico.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/04/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

As autoridades elaboraron unha lista de trece medicamentos que usan o termo “COVID-19” para a súa promoción na Internet, sobre todo en marketplaces e redes sociais. Así, despois dun monitoreo na rede, detectáronse que os medicamentos con principios activos como Arbidol, Hidrocloxidrina e Faviparir, son os máis promocionados de maneira ilegal.

Redes sociais, Internet.- Arquivo
Redes sociais, Internet.- Arquivo

A principal plataforma desde onde se publicitan as diferentes marcas de falsos medicamentos é Alibabá. Por outra parte tamén se detectou un alto número de falsificacións da máscara “MASK KN95 FFP2”, unha máscara de seguridade con válvula.

Este mercado fraudulento de medicinas utiliza códigos propios como keywords específicas para posicionar o produto na rede e evitar mecanismos de control. Así o Ritovanir ten o código “155213-67-5” para localizado. Outro exemplo é o Remdesivir que ten o código “1809249-37-3”.

En redes sociais como Instagram estanse eliminando publicacións que promocionan os medicamentos monitorizados. Son perfiles creados recentemente cun máximo de dúas semanas de existencia. Dentro delas hai enlaces a webs falsas para evitar os marketplaces máis grandes. Algúns perfiles crearon as súas contas a partir do nome da máscara “KN95/FFP2/N95”. Polo de agora conseguiron crear máis de catrocentos mil contidos nesta rede.

A distribución faise mediante enlaces ilegais ou posts en redes sociais monitoreadas. A máis usada é Twitter e despois Instagram. Twitter acolle máis enlaces para principios activos e Instagram para máscaras e test de diagnose. As principais keywords para estas redes sociais son “Korona Virus”, “Wuhan Virus” ou “Corona 19”

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta