Por Galicia Confidencial | Ourense | 13/04/2020 | Actualizada ás 10:42
Mandas de cans salvaxes atacaron esta fin de semana rabaños de cordeiros e ovellas en Xunqueira e Parada do Sil, en Ourense. Algúns dos animais morreron e outros quedaron seriamente feridos.
Segundo fontes consultadas por Galicia Confidencial, o ataque foi atribuído nun primeiro momento a lobos, pero tras a inspección de técnicos medioambientais púidose comprobar que as trabadas eran de cans e non de lobos. "O coitado do pastor choraba coma unha madalena", indican.
Estes cans, algúns deles abandonados por cazadores, comezan a ser un risco nos montes galegos, mesmo máis que os propios lobos. “O dos cans abandonados é un perigo moi grande mesmo para as persoas pois non teñen medo ao ser humano. O lobo si que lle ten medo ao home e mesmo aos nenos e se hai cans evita tamén o enfrontamento”, suliña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.