Aprobado case xeral e apertura de centros educativos no verán, propostas de autonomías e Goberno central

Así se acordou na Conferencia Sectorial de Educación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2020 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

Aprobado case xeral e apertura dos centros en verán. Son parte das propostas pactadas entre a ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, cos conselleiros autonómicos na reunión telemática da Conferencia Sectorial de Educación.

Nenos, alumnos, escolares, educación, escola, centro escolar.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
Nenos, alumnos, escolares, educación, escola, centro escolar.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Ademais, a promoción do alumnado será a tónica primordial para o final do curso no sistema educativo, aínda que haberá nota e avaliación final no terceiro trimestre, que quedará en mans das comunidades autónomas. Neste sentido, a repetición do alumnado será unha medida excepcional que terá que estar argumentada e acompañada dun plan preciso de recuperación.

Para a avaliación final, o profesorado deberá fixarse especialmente no grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindible, sempre desde a flexibilidade e sopesando as circunstancias do alumnado.

O Goberno e as comunidades autónomas acordaron este mércores, ademais, que os colexios poidan abrir verán para ofrecer clases de reforzo voluntarias aos estudantes con problemas para seguir a educación a distancia durante o confinamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Clases de reforzo VOLUNTARIAS no verán ? A privada-concertada COBRANDO ?