Acouga crea un servizo de consultas xurídicas gratuítas para usuarios de residencias de maiores

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios busca "garantir os seus dereitos e reclamar prexuízos polo descoido dos seus xestores".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/04/2020 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) puxo en marcha un servizo de consultas xurídicas gratuítas dirixido ás persoas usuarias das residencias de maiores, titoras e familiares "para garantir os seus dereitos e reclamar prexuízos polo descoido dos seus xestores".

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

Subliña o número de falecidos en residencias en Galicia con COVID-19 e denuncia "a falta de equipos de protección individual, de persoal nas quendas e falta de previsión dos xestores das institucións e da Xunta".

A iso, suma que "ningunha en Galicia ten profesionais facultativo-sanitarios de presenza continuada 24 horas". "E algúns centros pequenos non teñen nin persoal médico nin enfermaría", engade.

Acouga entende que nalgúns casos será necesaria denunciar canto antes para que se abran investigacións xudiciais e se adopten "as medidas cautelares precisas para restablecer aos usuarios nos seus dereitos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta