Baixa o número de nacementos en Galicia case un 3% durante o terceiro trimestre de 2019

En Galicia non se rexistra un saldo vexetativo positivo desde hai máis de trinta anos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/04/2020 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

Os nacementos rexistrados en Galicia no terceiro trimestre de 2019 rexistraron un descenso do 2,56% en taxa interanual, mentres que as defuncións aumentaron un 0,33%, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre o movemento natural da poboación.

En total, o número de nacementos situouse nese período en 4.106, dos que 2.130 foron homes e 1.976 mulleres. No segundo trimestre, cun descenso interanual do 9,44%, foron un total de 3.848, 1994, homes e 1.854 mulleres.

No caso das defuncións, houbo 7.099, fronte ás 7.427 do segundo trimestre. Dos falecidos, 3.524 foron homes e 3.575 mulleres no terceiro trimestre de 2019 en comparación aos 3.743 homes e 3.684 mulleres falecidas no segundo trimestre. No mesmo, a variación interanual rexistrou un descenso do 3,98%.

Na estatística, recóllense o avance correspondente ao terceiro trimestre de 2019 e tamén os datos definitivos do ano 2018 no que o número de defuncións ascendeu a 32.419, valor moi similar alregistrado no ano 2017.

Por outra banda, o número de nacementos continuou o descenso iniciado no ano 2009 e situouse en 16.560. A diminución dos nacementos acompañado dunha cifra similar nas defuncións  provocou unha nova diminución do saldo vexetativo en Galicia, "que pasou de -13.517 no ano 2017 a -15.859 en 2018", recolle o informe.

Nel, sublíñase que hai "máis de 30 anos que Galicia non presenta un saldo vexetativo positivo". Tamén apunta no ano 2018, só 7 dos 313 concellos presentaron un saldo vegetativopositivo. Polo que respecta aos concellos do sete grandes cidades galegas, todos eles presentaron un saldo negativo.

Os nacementos descenden en Galicia no terceiro trimestre de 2019. EUROPA PRESS - Arquivo
Os nacementos descenden en Galicia no terceiro trimestre de 2019. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta