O BNG admite que non soubo conectar co 15M

Desmontar Galiza Nova. Medidas así de extremas chegan a discutirse abertamente dentro do Bloque ante a perda de apoios entre os mozos. A lentitude en entender o impacto dos indignados e outros dos factores que o BNG sinala como responsábeis do seu devalar.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/12/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Construíndo Futuro, Documento aberto para o debate sobre o futuro do nacionalismo e a revitalización do BNG". Así se chama o resume da primeira rolda de debate interno realizada pola militancia do BNG nas súas asembleas comarcais". Está publicado nunha nova web, lanzada baixo a etiqueta #proponconosco, e busca suscitar o debate entre militantes, simpatizantes e votantes do Bloque tras o "mal resultado" do 21 de outubro.

Gran parte do documento céntrase na autocrítica, en aspectos nos que o propio BNG admite que pode ter errado. Iso si, a formación reafírmase nas súas bases ideolóxicas: "o BNG debe seguir a ser unha forza nacionalista, comprometida coa conquista dunha Galiza soberana, e de esquerdas".

Un dos aspectos nos que se fai máis incidencia é na falta de conexión dos mozos co Bloque, evidente polo derrube do voto urbano. A autocrítica chega ao punto de admitir que dentro do propio Bloque hai que propón disolver Galiza Nova, a organización da mocidade pro-BNG. "Existen compañeir@s que preferirían prescindir dunha estrutura xuvenil integrando a mocidade directamente no BNG ou creando asembleas de moz@s no BNG", resume o documento.

O Bloque admite entre liñas que non soubo captar o descontento dos mozos que protagonizaron o movemento dos indignados, ante o que cómpre " unha ampla e sincera autocrítica". Así, o documento indica que "quizais nos falta flexibilidade e destreza para integrar as propostas doutros colectivos e persoas que traballan connosco (...) ou tardamos demais en admitir a súa presenza e virtualidade (p.e., caso do 15-M)".

Malia que o difuso ideario do 15M comparte moitos puntos comúns co discurso dos partidos de esquerda (defensa dos servizos públicos, rexeneración da democracia, denuncia da corrupción dos poderes económicos ...), a relación do Bloque cos indignados galegos nunca foi fluída. En boa medida, porque os nacionalistas desconfiaban dun movemento cidadán que naceu en Madrid e que, dado o seu éxito, cuestionou o tradicional liderado da esquerda nacionalista no artellamento de mobilizacións nas rúas galegas.

O voceiro nacional Guillerme Vázquez achegouse unha vez á asemblea da Acampada Obradoiro, e marchou tras ser criticado por varios dos presentes por supostamente tentar sacar rédito político do movemento. Polo contrario, Xosé Manuel Beiras, daquela dentro do Bloque e hoxe voceiro de Alternativa Galega de Esquerdas, foi invitado a dar varios relatorios e participou nas manifestacións deste movemento.

Manifestación dos 'indignados' o pasado 15 de outubro en Vigo
Manifestación dos 'indignados' o pasado 15 de outubro en Vigo | Fonte: Foto: Miguel Núñez

Por que Beiras si e Guillerme non?

Por que Beiras si e Guillerme non? O documento diagnostica que o BNG "acabou sendo percibido por unha parte da cidadanía e, especialmente da xuventude, como un partido máis desa paisaxe", en referencia ao sistema de grandes partidos, e aos seus vicios, que cuestiona o 15M.

"Unha forma de comunicar que puido quedar algo acartonada" é un dos factores que o Bloque admite que influíu na súa separación co seu electorado máis mozo. Para solucionalo, o BNG propón unha nova forma de comunicar, superando as súas dificultades cos grandes medios, e apostando polas redes sociais e a Internet.

O Bloque tamén propón facer máis énfase en temas que tradicionalmente son inquietudes dos máis mozos. Así sinala que " o ecoloxismo, o feminismo, etc que aínda sendo parte central dos nosos sinais de identidade desde a nosa fundación o certo é que posibelmente perderon algo de protagonismo no noso discurso diario".

Beiras (esquerda), voceiro de Anova e Xoán Hermida (dereita), voceiro de Ecosocialistas, antes dun acto na Acampada Obradoiro
Beiras (esquerda), voceiro de Anova e Xoán Hermida (dereita), voceiro de Ecosocialistas, antes dun acto na Acampada Obradoiro
Acto de Galiza Nova
Acto de Galiza Nova
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

4 Roi Xordo

O problema do BNG non é tanto non CONECTAR co 15M canto DESCONECTAR cos sectores urbanos de clase media filogaleguistas que ateigaban as urnas nos anos noventa coa papeleta do BNG. Xente esta que non sucumbe precisamente diante da prosa e práctica norocoreanas do MGS. Xenta á que causa noxo o sectarismo e endogamia da UPG. Por iso témome que un documento pretendidamente crítico pero que ó final fala e avala ós autodenominados independentistas e ataca a quen ataca, cripticamente pero non tanto como para non sabermos a quen se refire (Beiras e Severino), ó tempo que nada di doutros esgrevios persoeiros como Bautista, Montse Prado ou Rafa Vilar, un documento así, reitero, de pouco ou nada ha valer, pois ben se ve que procura discutir todo para que ó final nada importante cambie. E se iso fose así, algúns, e non poucos e sen organizar, marcharemos antes de dous anos.

1 Un que liscou

E para que vas perder dous anos? Sae xa!

3 Shin Chan

Amañar o BNG é máis difícil que endereitar a un xorobado.

2 in-cre-dulo

vaitooooo... non me jod... de verdade...?? no, seguro..??? a boas horas veñen estes

1 indignada

Penso que non é tan fácil debatir algunhas cousas. "Galiza Non se Vende" e o "15 M" foron usados por algúns para facer aínda fendas ao BNG. No fondo penso que o BNG ten máis en común coas ideas coas que naceu o 15 M que algúns personaxes que se acercaron a facer o paripé.

1 Gamela

pois eu penso que precisamente dende a primeira manifestación multitudinaria de "Galiza Non Se Vende" o BNG comezou a perderse sen remedio... detrás, coma sempre, Paco Rodríguez e os seus "libelos furibundos" e máis adiante o mesmo Paco non dubidou en lanzar toda a súa fel contra o movemento do 15M (por españolista!) e suma e sigue... Pero ninguén foi quen de taparlle a boca ao GURÚ e agora veñen con estas? TARDE PIARON!

2 tin

estou dacordo con gamela. O BNG defendendo o AVE, legalizando canteiras, querendo facer un plano eólico salvaxe, creando chiringuitos na xunta e temos que seguilos porque si. A min perdéronme. Co tema do obradoiro deberían ir cheos de bandeiras galegas e non ao palco senón coma a xente normal

3 Luizinho

Pois si coincido co de españolistas...porque nos foros do 15 M falábase sobre todo Español. Indignados por moitas cousas e calados coa perda dun grande patrimonio como é o galego.

4 indignada

U-lo está Galiza Non se Vende?, na última manifestación non había nin Deus...ao BNG xa se lle fixo dano, que era o que importaba de verdade. Onde estaban os que non querían AVES, nin REGANOSAS (pero si en Xixón e CELULOSAS en Pontevedra)...

5 Gamela

Luizinho escoita estas verbas de Enrique Banet http://youtu.be/G1NktQXY3GQ?t=3m44s e logo falamos de lingua de de pais...? :: indignada, na primeira mani de GNSV éramos máis de 5.000 con moitas ganas de darlle á volta a este país... mais seica fomos INCÓMODOS para o Réxime Bi-Bipartito que legalizaba canteiras no Courel ? Mira ata onde chegou Pachi Vázquez... que non dimite nin a tiros! Estes foron os feitos, agora tocará apandar PP mentres algúns seguides apuntando ao dedo, en vez de ver A LÚA!

6 mk__

Mais que indignada, cega. As persoas que participan en Galiza non se venden estan, e estiveron onde sempre: defendendo os ataques medioambientais na Galiza governe quen governe. Coñeces a membros da Rede? Son persoas que levan tempo no mesmo lugar, abaixo, e á esquerda, quizá desde as alturas as nubes, ou as orelleiras non vos deixan ve-los, e é unha mágoa. Sen unha rectificación sincera, como semella no documento, non hai nada que falar, o BNG segue no triunvirato, o cal é o seu problema, e del as suas consecuencias.

7 mbc

Por onde andades os revolucionarios de "Galicia non se vende" e do 15M, creo que lograstes o que pretendiades, que era colocar os fascistas no governo do país.

8 Ameneiro

Andamos onde sempre estivemos, tentando parar a codícia e os trapicheos duns supostos políticos (de calquera siglas do triunvirato). Se ainda non sabes a diferencia entre criticar certas políticas e os enimigos, é o teu problema; perdón, o voso problema. E nalgo tes razón, eu coma individuo, tanto me ten que estexa governando un autoritario prepotente de esquerdas que un de dereitas, galego ou español... mentres que non sexa co meu voto.... e semella que hai moitos que pensan semellante.