Liberdade e saúde pública

A situación actual de pandemia require de medidas sanitarias extraordinarias que atinxen ás nosas liberdades. Mais, por grave que for a situación, a Europa democrática non pode-non debe-resolver esta caste de cuestións ao xeito de réximes autoritarios como as Repúblicas Islámica de Irán ou Popular Chinesa.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 26/04/2020

Comparte esta noticia

Non, a Europa democrática ha resolver o binomio liberdade-saúde pública dende o seu acervo xurídico común: os dereitos humanos e liberdades fundamentais da Convención Europea de 1950, que interpreta o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) de Strasbourg.

O TEDH leva construíndo moitos anos (nomeadamente dende 1998 que é un Tribunal permanente) unha doutrina positiva e comunitaria dos dereeitos humanos, fronte á doutrina negativa e individualista dos USA. Para o TEDH non han ser protexidos nin os abusos de dereito nin os actos contrarios á convivencia cidadá, entendida ésta como a casa común construída sobre os valores dos dereitos humanos e liberdades fundamentais-. Esta mesma doutrina está na Constitución do Estado e no Estatuto de Galicia. Un Exercicio de liberdade individual para vivir en democracia comunitaria, un exercicio de civismo democrático para mantermos as liberdades.

 Por outra banda, a respecto das posíbeis intervencións das Autoridades sanitarias (adoito apoiadas nas Policías administrativas e de seguranza) cómpre construir un conxunto de limitacións xerais non casuísticas. Porque a marxe de para proba de cargo en calquera procedemento penal ou administrativo sancionadopara proba de cargo en calquera procedemento penal ou administrativo sancionado(que data de 1986!!) é excesiva e invade substancialmente os dereitos á intimidade corporal, á integridade física e á liberdade de movementos. Cómpre unha reforma legal urxente que garanta o control xudicial contencioso-administrativo ( a medio do réxime de autorizacións que hoxe se usa para a entrada non autorizada nos domicilios das persoas físicas e xurídicas), a audiencia ao afectado sempre que fór posíbel e os principios de proporcionalidade, non discriminación, alicerzamento científico e análise do risco ( Salamero Teixidò, 2016).

Este alicerzamento comunitario-democrático, estes principios xerais de control da acción sanitaria e este control xudicial haberían tamén rexer a incorporación masiva das ferramentas da telemedicina e dos big data para monitorizar a poboación por razóns de saúde pública. Cedermos os nosos dados vai ser fulcral para poder combater a COVID-19. Mais o noso sistema xurídico demoliberal ha construir con moito coidado esta cesión, para que non permita máis finalidades públicas que a sanitaria

Como xa sucede cos dados cedidos ás Axencias Estatísticas Públicas dende hai máis de 30 anos, os dados acadados polo efecto desta caste de políticas sanitarias non han poder ser usados para proba de cargo en calquera procedemento penal ou administrativo sancionador Nin para ningunha outra fin, por benéfica que for.
 

Control da Policía Nacional en Vigo polo estado de alarma
Control da Policía Nacional en Vigo polo estado de alarma | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.