Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/04/2020 | Actualizada ás 12:05
O Sindicato Prosagap (Profesionais da Sanidade Galega Pública) presentou este martes unha denuncia penal ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo subministro de máscaras defectuosas en distintos centros sanitarios da rede do Sergas.
Desde o sindicato sanitario acusan ao SERGAS de ter entregado aos e ás profesionais da sanidade pública galega material deficiente como protección fronte á COVID-19. Segundo Prosagap parte dos insumos entregados eran “máscaras deficientes” que non cumprían estándas mínimos de calidade.
Unha vez posto este punto en coñecemento das autoridades sanitarias, o sindicato apunta que “seguiron a promover o seu uso”. A retirada deste material deficiente tardou en facerse “poñendo así en perigo a saúde de profesionais, pacientes e familiares”.
A denuncia foi presentada por entender que as diferentes actuacións do SERGAS con respecto ao material de mala calidade, constitúen un atentado contra o dereito á saúde e á integradade física e psíquica tanto de persoal hospitalario como de usuarios e usuarias.
Consideran ademais que se puido producir a comisión dun presunto delito contra os dereitos dos traballadores por omisión de medidas de seguridade e hixiene, tipificado no Código Penal. Entre as persoas apuntadas como presuntas responsables figuran o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Alumuíña ou o xerente do servizo público de Sanidade, Antonio Fernández-Campa.
A denuncia foi formulada contra todos estes cargos do Sergas:
-Don Jesus Vazquez Almuiña, Sr. CONSELLEIRO DE SANIDADE
-Don Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, Sr. XERENTE DO SERVICIO
GALEGO DE SAUDE
-Doña Margarita Prado Vaamonde, Sra. DIRECTORA XERAL DE RECURSOS
HUMANOS DEL SERVIZO GALEGO DE SAUDE
- Don Felix Rubial Bernárdez, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras
- Doña Eloina Nuñez Masid, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Santiago y Barbanza
- Don Luis Verde Remeseiro, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Coruña e Cee
- Don Julio Garcia Comesaña, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Vigo
- Don Jose Ramon Gomez Fernandez, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnes
- Don Angel Facio Villanueva, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Ferrol
- Don Ramon Ares Rico, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Lugo, A Mariña y Monforte de Lemos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.