Autorizado o ensaio clínico dun fármaco en pacientes con COVID-19 por parte de PharmaMar

Nesta primeira etapa incluiranse 27 pacientes, aos que se administrará este tres diferentes dose. Medirase a carga viral dos pacientes antes do tratamento e unha vez finalizado o mesmo, así como unha serie de parámetros de evolución clínica.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/04/2020 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia


A empresa de orixe galega PharmaMar anunciou o inicio do ensaio clínico 'APLICOV-PC' con Aplidin (plitidepsina) para o tratamento de pacientes con COVID-19, que xa foi autorizado pola Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (AEMPS), dependente do Ministerio de Sanidad.

De tal forma, o estudo incluirá tres grupos de pacientes con tres niveles de doses diferentes, para avaliar a eficacia e a seguridade de plitidepsina en cada nivel de dose administrado en pacientes ingresados por COVID-19. Participarán tres hospitais da Comunidade de Madrid.

Así, trátase dun estudo "multicéntrico, aleatorizado, paralelo e aberto" para avaliar o perfil de seguridade e a eficacia de tres dose de plitidepsina en pacientes con COVID-19 que precisen ingreso hospitalario.

Nesta primeira etapa incluiranse 27 pacientes, aos que se administrará este tres diferentes dose. Medirase a carga viral dos pacientes antes do tratamento e unha vez finalizado o mesmo, así como unha serie de parámetros de evolución clínica. No caso de que nesta primeira etapa os resultados fosen positivos, o ensaio continuaría coa dose óptima, despois de falar co regulador, cun conxunto máis amplo de pacientes.

RESULTADOS POSITIVOS 'IN VITRO'

O pasado 13 de marzo, a compañía anunciou resultados "positivos" dos estudos 'in vitro' de plitidepsina no coronavirus humano HCoV-229E, cun mecanismo de multiplicación e propagación moi similar ao SARS-CoV-2, xa que ambos utilizan a proteína eEF1A para a súa reprodución. Os estudos leváronse a cabo no Centro Nacional de Biotecnoloxía do Centro Superior de Investigacións Científicas (CNB-CSIC).

Plitidepsina actúa bloqueando a proteína eEF1A, presente nas células humanas, e que é utilizada polo SARS-CoV-2 para reproducirse e infectar a outras células. Mediante este bloqueo, evítase a reprodución do virus dentro da célula, facendo inviable e a súa propagación ao resto.

Investigador. Laboratorio. MINISTERIO DE CIENCIA - Arquivo
Investigador. Laboratorio. MINISTERIO DE CIENCIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta