Unha forte treboada no sur de Ourense deixa numerosas incidencias

As comarcas máis afectadas son as da Limia e Monterrei, con danos en vivendas, coches e mobiliario urbano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2020 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

Unha forte treboada de choiva e vento afectou na tarde deste luns ao sur de Ourense, especialmente nas comarcas da Limia e Monterrei, onde se rexistraron numerosas incidencias e danos en vivendas, coches e mobiliario urbano.

Unha treboada provoca a caída de tellados en Verín
Unha treboada provoca a caída de tellados en Verín | Fonte: Cedida por Íñigo Rolán - Europa Press.

Segundo o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o episodio meteorolóxico adverso iniciouse ao redor das 16,00 horas da tarde deste luns e afectou especialmente ao sur da provincia ourensá.

A central de emerxencias rexistrou numerosas chamadas alertando de incidencias como desprendementos de fachadas, caídas de árbores e outros danos causados polo forte vento.

Segundo fontes da Policía Local de Verín, os bombeiros da localidade e o resto de servizos de emerxencias atópanse "desbordados" ante a caída de tellados e árbores ao paso da treboada, que provocou "numerosos" danos en vehículos que se atopaban estacionados nas rúas da capital da comarca de Monterrei.

O episodio meteorolóxico tamén se deixou sentir en Xinzo de Limia, onde os efectivos dos bombeiros, policía municipal e Protección Civil traballan para retirar as árbores que caeron sobre as estradas da localidade.

Así, ao seu paso pola zona, a treboada deixou ventos que se achegaron aos 100 quilómetros hora, segundo os datos de Meteogalicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta