Por E.P. | A CORUÑA | 07/05/2020 | Actualizada ás 18:51
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) será sede en 2024 do Congreso Español de Informática, segundo informa o reitorado tras a designación da Sociedade Científica Informática de España (SCIE).
Esta sociedade realizou unha chamada á presentación de candidaturas para a procura de sedes do CEDI 2024, valorando aspectos como a dispoñibilidade de infraestruturas na cidade e a experiencia do equipo na organización de congresos científicos.
Tras a súa decisión, a organización do congreso articularase a través do CITIC, comandada polo investigadores Amparo Alonso Betanzos, Bertha Guijarro Berdiñas, Ramón Doallo Biempica, Juan Touriño Domínguez, Nieves Rodríguez Brisaboa e Miguel Rodríguez Luaces, e reforzada polo apoio do director do CITIC, Manuel González Penedo, e a directora do Campus Innova da UDC, Susana Ladra.
O congreso contará coa colaboración de Turismo da Coruña e o Colexio profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG). A de 2024 será o VII edición do CEDI, que se celebra cada edición nunha cidade española diferente e que pretende servir como punto de encontro para profesionais da investigación, innovación e ensino universitario do ámbito da enxeñaría informática.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.