Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2020 | Actualizada ás 19:25
Galicia rexistrou unha caída do seu Produto Interior Bruto (PIB) do 4,1% no primeiro trimestre deste ano en comparación co mesmo período de 2019, segundo a estimación publicada este xoves pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef) para todas as comunidades.
Este retroceso do 4,1% é idéntico á caída media da economía española no primeiro trimestre. No comparativa respecto ao trimestre anterior (o cuarto trimestre de 2019), o descenso é maior no caso galego (-5,3%), fronte ao do Estado (-5,2%).
Por comunidades, a contracción da economía máis elevada prodúcese en Baleares (-4,6%), mentres no outro extremo están País Vasco, Aragón e Navarra, os tres cunha baixada do 3,8%.
A AIRef realizou esta estimación mediante a metodoloxía denominada METCAP (Metodoloxía de Estimación Trimestral por Comunidades Autónomas do PIB), que foi creada pola institución, que ofrece estes datos e a súa actualización está dispoñible cada trimestre.
A publicación dos datos realízase unha vez que o Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou o dato de avance trimestral do PIB de España, como ocorreu cos datos publicados o 30 de abril de 2020.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.