A autopsia esclarecerá a morte dun taxista cuxo cadáver apareceu momificado nun piso de Arteixo

A Garda Civil sinala que podería levar 18 meses morto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2020 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

A autopsia será a que determine as causas da morte dun home duns 50 anos cuxo cadáver foi atopado momificado pola Garda Civil nun piso de Arteixo (A Coruña).

Segundo informan a Europa Press fontes do Instituto Armado, trátase dun coñecido taxista do municipio de nacionalidade siria ao que se lle perdeu a pista ano e medio atrás. Os veciños pensaban que volvera ao seu país de orixe.

Foi unha veciña do home quen, o pasado mércores, alertou a Garda Civil dun forte cheiro que se desprendía dunha das vivendas desde facía xa tempo. Ademais, relatan estas mesmas fontes, chegara a ver "vermes que saían por baixo da porta".

Os axentes entraron no piso con membros de Protección Civil e dos bombeiros e alí atoparon o cadáver, "xa seco e momificado", tendido na cama. Agora, explica a Garda Civil, será a autopsia a que esclareza as causas do falecemento deste taxista que, segundo o tempo que levaba en paradoiro descoñecido, morrería hai 18 meses.

Garda Civil
Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta