Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/05/2020 | Actualizada ás 18:22
Felipa e Manuel Ángel Jove compartirán presidencia de Inveravante, tras a morte do seu pai, Manuel Jove, nunha reorganización da cúpula directiva pola que o ata agora director financeiro da compañía, Jaime de Lacalle Noriega, será nomeado conselleiro delegado.
Inveravante sinala que se seguen os "criterios de continuidade" para a nova organización dunha empresa fundada en 2007 na Coruña, con divisións de negocio en mercado inmobiliario, hoteis, enerxías e produtos agroalimentarios selectos.
Jaime de Lacalle incorporouse a Inveravante en 2007 desde a súa constitución. Nado en Madrid en 1960, é licenciado en Dereito e en Ciencias Económicas e Empresariais por ICADE. Iniciou a súa carreira profesional en Coopers & Lybrand.
Posteriormente incorporouse a Barclays de Zoete Wedd, onde traballou durante un período de 10 anos nas oficinas de Madrid e Londres ata ser o director das divisións de Corporate Finance e de Structured Finance en España.
No ano 1997, Jaime de Lacalle chegou ao Banco Urquijo como director de Asesoramento Financeiro ata o seu nomeamento como presidente de Urquijo Xestión SGIIC e de Urquijo Xestión de Pensións.
Inveravante esetá presente en España, Marrocos, México, Brasil, Panamá, República Dominicana e Romanía e conta con 800 empregados. Desenvolve o seu compromiso social a través da Fundación María José Jove, institución presidida por Felipa Jove e que desde 2003 traballa a favor da infancia e da inclusión social.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.