Prosagap denuncia o desabastecemento de luvas para os profesionais do Sergas

Logo doutros "despropósitos" como máscaras defectuosas, os hospitais e centros de saúde atópanse con "restriccións de uso ou desabastecemento" deste artigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2020 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

O sindicato Progasap denuncia o desabastecemento de luvas no Sergas, nun "novo episodio en relación coa falta de medios adecuados e a desprotección da saúde" dos profesionais sanitarios fronte ao coronavirus.

Nun comunicado, lamenta que agora toca "a quenda" das luvas tras outros "despropósitos" como máscaras "defectuosas" e a subministración de equipos de protección "non adecuados".

Censura que resulta "incrible" que "desde principios deste mes de maio xa se tiñan noticias de que o Sergas dispuña unicamente de stock de luvas para 15 días. Por iso, agora en hospitais e centros de saúde hai "restricións de uso nuns casos e desabastecemento noutros deste artigo básico".

Mentres, todas as fiscalías territoriais galegas manteñen abertas as dilixencias de investigación en relación ás máscaras defectuosas entregadas en diferentes áreas sanitarias galegas a finais do mes de abril e cuxa distribución foi denunciada polo sindicato dos profesionais da sanidade pública galega Prosagap.

Unha persoa cos guantes postos © Miguel Núñez.
Unha persoa cos guantes postos © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta