ENQUISA: Feijóo sacaría os mesmos resultados que hai catro anos

Unha comparativa de enquisas realizada pola empresa Porcentual sinala que o PPdeG obtería 41 escanos. Soben PSdeG e BNG, baixa Galicia en Común e Vox, C's e Marea Galeguista non terían representación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/06/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Un estudo comparativo de enquisas realizado pola empresa Porcentual para Galicia Confidencial apunta que o PPdeG gañaría novamente as eleccións galegas por maioría absoluta, con 41 escanos, os mesmos que ten na actualidade.

Porcentaxe de votos da proxección de enquisa realizada por Porcentual
Porcentaxe de votos da proxección de enquisa realizada por Porcentual

A segunda forza en número de votos e escanos sería o PSdeG, con 19 --ascendería cindo deputados-- e logo o BNG, que case duplicaría os seis actuais para situarse con 11. Galicia en Común, cuxas formacións --Anova, Podemos, EU e algunhas mareas municipalistas estaban integradas en En Marea hai catro anos-- pasaría a ter 4. Pola contra, nin Marea Galeguista, que se di sucesora de En Marea, nin Vox, nin Ciudadanos obterían representación nas eleccións do vindeiro 12 de xullo.

No seu estudo, Porcentual fai unha comparativa dos inqueritos publicados nos últimos días, o de NC Report para La Razón, o de GAD3 para ABC, o de Celeste-Tel para eldiario.es e o de Sondaxe para La Voz de Galicia.

Segundo os seus datos, o PPdeG sería a formación máis votada co 46,4% dos votos, seguida do PSdeG co 22,6%. En terceira posición estaría o BNG, co 15.3% e, finalmente, Galicia en Común, co 8,3%. Quedarían fóra do Pazo do Hórreo, Vox co 2,7% das papeletas; Ciudadanos, co 1,7% e Marea Galeguista, co 0,6%.

Os populares serían a forza máis votada en prácticamente todos os concellos galegos, agás en Dumbría, Culleredo, A Capela, As Pontes, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz, Pedrafita, Calvos de Randín e Entrimo, onde gañaría o PSdeG e Allariz, onde o Bloque sería o máis votado.

REPARTO DE ESCANOS

DISTRIBUCIÓN POR CONCELLOS

VALORACIÓN DE ENQUISAS

Precisamente, esta fin de semana todos os grandes líderes políticos coincidían en evitar valorar enquisas e, en suliñar que, coa situación actual, os inquéritos son moi volátiles.  Así, Feijóo dixo que sabe "perfectamente distinguir" entre un estudo demoscópico e os resultados electorais.

"E tamén sei perfectamente que a mellor forma de perder unhas eleccións é considerar que as enquisas se converten inevitablemente en resultados electorais", continuou. "Por tanto, nós (o PPdeG) imos traballar, non imos dar un só balón por perdido e tentar trasladar aos galegos cal é a nosa oferta política e a nosa oferta de goberno", finalizou.

Pola súa banda, Gonzalo Caballero, mostrouse "seguro" de que a clave para que a enquisa non se cumpra pasa por "mobilizar o voto progresista" --como pasou noutras citas electorais anteriores de 2019--.

"En abril fomos a primeira forza por primeira vez na historia; gañamos as municipais e o 55% dos galegos teñen alcalde socialista en máis de 100 concellos; chegaron as eleccións de novembro con maioría progresista: os 55% galegos votaron por forzas políticas de esquerda". "Hai un mapa político que reflicte que hai unha maioría de cambio no país", concluíu.

"SAIRÁN MOITAS ENQUISAS"

Pola súa banda, o portavoz de Galicia en Común-Anova-Mareas, Antón Gómez-Reino, sinala que "a única enquisa válida" é a do próximo 12 de xullo" e que até entón "sairán moitas enquisas, con distintas variables, e que son parte da propaganda performativa".

Gómez-Reino reiterou a súa convicción sobre a "vontade e necesidade" que existe en Galicia para un "cambio que reverta todo o dano feito por Feijóo á estrutura pública: a sanidade, os coidados e o ensino".

Finalmente, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que a día de hoxe "as enquisas teñen menos validez que nunca", xa que considera que o panorama político actual é demasiado volátil e a sociedade está marcada pola incerteza.

Pontón asegurou que "a tantos días das eleccións, as enquisas teñen menos validez que nunca", sobre todo "neste contexto de tanta volatilidade e incerteza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

7 Xoelho

O de Galicia é vergonhento. A culpa de que Feijoo, e sempre o PP, tenha maioría absoluta nesta terra é dos que cagan o voto para que sigamos eternamente coa mesma merda. O pobo galego é responsable do que pasa e o que debe facer é espertar dun_a p. vez. Os recortes sociais, o deterioro da sanidade e da educación, etc. son culpa das políticas de recortes, de falta de medios e de privatizacións que fai sempre a dereita, e que non ocorrería se a xente "de abaixo" non apoiara tan torpemente os intereses dos de arriba. Mentres, por exemplo, en Catalunha a xente vota coa cabeza aquí votamos co cu.

6 Gamela

Se somos un povo derrotado será porque a "derrota" a temos dentro da casa ? Beiras con voz propia ! https://youtu.be/mhTFOe35BbU?t=3010 O BNG só ten un problema, chámase UPG ! En canto a que Galicia "non precisa" un PNV está claro que o PPdG é suficiente para a cativa burguesía que temos (a Deputación de Ourense podería ser un bo exemplo, de como o PP deseñado por Fraga resiste contra vento e mareas!) ? En definitiva malos tempos, coma sempre...

1 Sentidiño

Entre yoko ono e a upg disgraciouse a humanidade!

2 Sentidiño

O comentario anterior é dunha conta fake. Rogo a GC que o suprima. Chegaron os rusos?

3 Sentidiño

Rectifico, trabuqueime. O comentario é de hoxe, mais a noticia ten dous anos. As miñas desculpas.

5 Alienao

Politicamente somos un povo derrotado.

1 nostrus

O que é unha mágoa é que C´s non teña mais forza. C´s é quen mellor representa a realidade social galega sin renegar nin renunciar de nada. Galicia é una rexion que se sinte española, proba de que seua habitantes non sufren ningún tipo de alucianacions e estan en plenas facultades mentales que non confunden a realidade coas pallas mentais. O PP é un partido hipócrita que abraza o galeguismo hipócritamente e que lle reza a Castelao e que se pelexa co PSOE para facerse co amor do electorado naciota. Hai que acabar dunha vez con todas esas patrañas, respetar a cultura e lingua galegas, pero con dous dedos de frente porque o principal é solucionar os problemas e necesidades das personas. O bloque, mareas e outros similares non son partidos serios, tan só son sectas xuramentadas en ilusions maniáticas.

2 Sentidiño

Voxtrus a defender Ciudadanos... os da praza de Colón de Madrid, os socios da euxenesia madrileña con Ayuso, xuntiños na loita final... Qué irónica, e qué macabra, é a política filofascista!

3 nostrus

Sentidito, cuando digo que los habitantes de Galicia no sufren alucinaciones, evidentemente no son todos y siempre hay alguna excepcion que confirma la regla, como es tu caso. Los filofascistas sois los supremacistas que despreciais a los compatriotas que viven en otro lugar y le quereis expropiar sus derechos, aunque solo se queda en intenciones porque no teneis la fuerza que os gustaria tener.

4 Gamela

Cando alguén propoña o e-voting haberá que andar con coidado (?) Supoño que nestas eleccións seguirá sendo INDRA quen se encargue do escrutinio (que sabemos da empresa?) https://twitter.com/00Gamela/status...

3 Xoelho

Partidos como o PP deberían ser sempre marxinais e resulta que en Galicia sempre ten maioría, unha maioría que ademáis case sempre é absoluta. Que é o que temos os galegos na cabeza, ou a maioría dos galegos, como se está a ver? Pois iso que se bota polo wc cando se ten diarrea.

1 Gustavo

O das autonómicas ten truco (ou non, según se mire). O truco é que vota moi pouca xente, que "non interesan" a un sector que noutras eleccións decantan Galicia cara á teórica esquerda (ou o mundo non-PP). Nos últimos anos o PP perde nas xerais (10 deputados fronte a 13 do resto, e ainda peor nas anteriores), e xa hai moito non gaña nas municipais nas vilas e cidades máis importantes. Nas autonómicas, ademáis da sobrerepresentación fortísima de Lugo e Ourense, vota moita menos xente. Non quero nen pensar na abstención que haberá agora (e non polo PP, eles amarran o voto porque lles vai a vida e a pasta niso, e teñen todos os medios públicos para facelo). Todo esto non muda o resultado final (previsible...), e quizás ainda o fai máis lamentable. Todo se cifra na participación...e quen protesta 4 anos contra o PP, moitos deles, despóis non votan. Así de simple.

2 Gamela

Coidado coa abstención (porque ao final poden pasar cousas coma esta) ? https://twitter.com/00Gamela/status...

3 Xoelho

Gustavo: É verdade que a xente hai xa un tempo que está a votar diferente nas xerais e as municipais do que vota nas autonómicas. As causas non sei ben cales son, mais en calquera caso demostrase grande falta de concienciación, bastante ignorancia dos intereses aos que responden os diferentes partidos e, no fondo, incongruencia. Independentemente da falta de proporcionalidade entre a poboación de cada provincia e o peso que a esas provincias lhes dá o sistema eleitoral. Especialmente a xente do rural é demasiado manipulable.