O comité de empresa de Teleperformance denuncia despedimentos no centro da Coruña

Di que emprenderán "todas as accións legais necesarias en defensa dos dereitos de todos os traballadores".

Por E.P. | A Coruña | 09/06/2020 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Teleperformance denunciou despedimentos no centro de traballo na Coruña e avanza que emprenderán "todas as accións legais necesarias en defensa dos dereitos de todos os traballadores".

Protesta do persoal de Teleperformance.
Protesta do persoal de Teleperformance.

En concreto, o comité afirma que "aproveitando a crise sanitaria da COVID-19, explota e despide aos seus traballadores" da empresa de contact center, que ocupa a máis de 800 empregados.

"Teleperformance despide de forma constante cada semana alegando non consecución de obxectivos do traballador, os cales en moitos casos débense a incidencias técnicas que son sempre responsabilidade da empresa".

Tamén afirma que o persoal "asume os custos do teletraballo no seu domicilio e aceptan ademais, a proposta da empresa, adianto de vacacións, reducións de xornada, excedencias...". "Coa consecuente perda de poder adquisitivo, para que a empresa finalmente lles pague con despedimentos".

"A empresa, ademais, ameázaos con descontos nos salarios por faltas de conexión e obriga a recuperar eses tempos baixo ameaza de retirar o teletraballo". O comité denuncia tamén "chamadas aos traballadores de baixa, coaccionándoos para que se reincorporen ao seu posto de traballo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta