Queres unirte ao primeiro roteiro sobre patíns pola cidade da Coruña?

O Club de Roller Derby organiza unha cita para este venres, 19 de xuño, no Rompeolas (Orzán).

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

“As Brigantias quedan para patinar!”. Este é o lema dunha nova actividade organizada polo Club As Brigantias Roller Derby no que convidan a todas aquelas persoas que queiran pasar un rato divertido en patíns (en liña ou quads) a que se unan a un roteiro pola cidade.

Unha persoa sobre patíns pola cidade
Unha persoa sobre patíns pola cidade | Fonte: YouTube

 

O encontro terá lugar o vindeiro venres día 19 ás 19:00 horas da tarde no Rompeolas (Orzán). "Se queres coñecer a xente nova e descubrir máis sobre o Roller Derby non dubides en unirte. Só tes que traer os teus patíns, as túas proteccións e a rodar!", animan as organizadoras.

 

REGRESAN OS ADESTRAMENTOS

 

Ademais desta actividade, desde As Brigantias lembran tamén que desde o xoves 11 de xuño o Club retomou os adestramentos tras os meses de confinamento. Teñen lugar na pista de Monte Alto de 20:00 horas a 23:00 horas e convidan a todas as interesadas en coñecer este deporte a que se unan. Non se requiren coñecementos previos de Roller Derby, o único requisito é ter máis de 16 anos. Para máis información, As Brigantias deixan este contacto uneteasbrigantias@gmail.com para máis información.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta