Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2020 | Actualizada ás 19:43
Un patinete eléctrico que comezou a arder cando estaba enchufado á corrente eléctrica provocou este domingo unha intensa fumareda nunha vivenda da parroquia de Xubia, en Narón (A Coruña), informou o 112. É o segundo vehículo destas características que se incendia en menos dunha semana.
Cara ás 15,30 horas uno dos residentes do inmoble chamou ao 112 para informar do ocorrido e dicir que, aínda que as chamas estaban xa apagadas, había moito fume na casa e necesitaban axuda dos medios de extinción para descartar perigos.
O 112 Galicia comunicou a situación aos bombeiros de Narón e a axentes da Policía Local. Unha vez realizadas as comprobacións necesarias, o equipo de extinción ventiló a vivenda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.